Seleccionar as raíñas para conseguir abellas máis produtivas e resistentes

O apicultor francés Gilles Fert, que leva 40 anos dedicándose á cría e selección de nais, compartiu a súa experiencia con nós en Celanova nunha xornada organizada en colaboración co Sindicato Labrego Galego.

Gilles falou da varroa, das velutinas, o cambio climático ou a contaminación como algúns dos principais problemas que ameazan o sector apícola. El sostén que a través da selección das raíñas poderíamos facerlles fronte, obtendo exemplares máis resistentes e produtivos. 

https://www.g24.gal/-/seleccion-das-rainas-para-conseguir-abellas-mais-produtivas-e-resistentes