Resumen
Este ano a asociación cumple 10 anos dende o seu nacemento. Nestes anos pasamos por moitas situacións boas e tamén adversas,
todos xuntos. Grazas por formar parte da familia Abellas Nais e gustaríanos moito contar coa túa presenza nas VIII Xornadas
Apícolas que se celebrarán o sábado 19 de xullo a partir das 10:30 no local social o Piñeiral (San Cibrao das Viñas, Ourense):
https://maps.app.goo.gl/3huBb7M6ahsgVeEy9
Teremos con nós a Dra. Amelia Virginia González Porto, actualmente investigadora do CIAPA, Centro de Investigación Apícola e
Agroambiental de Marchamalo. Participou en congresos nacionais e internacionais.... Tamén a Cristina Pardo Martín Doutora en
Ciencias Biolóxicas (UCM). Participou en proxectos nacionais e europeos de investigación e en congresos nacionais e
internacionais...
Despóis sobre as 14h faremos unha comida de confraternidade onde cada un poderá compartir as súas experiencias, problemas,
solucións, etc...e pasar un tempiño agradable entre nós. O prezo desta comida será de 10€ simbólicos xa que o resto correrá a
cargo da asociación, como un agarimo a vós polo décimo aniversario.
Adxúntase o cartaz coa información e o enlace para poder anotarse. Data límite 16 de xullo para poder organizar número de
asistentes e o xantar.
Enlace para a inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1V1hTBPpLw7A0vE_878iNJVuYygl8AVCKcEoMtKz7Uq4/edit
Calquera dúbida podes poñerte en contacto con Abellas Nais no correo electrónico: abellasnais@gmail.com ou ben vía telefónica,
Whatsapp ou Telegram no número de teléfono 666259673 (Alberto).
Esperamos que poidas asistir.