CESIÓN TEMPORAL DE TERREOS PARA OS AFECTADOS POLA VAGA DE LUMES 2025

Resumen

Dende Asociación Galega de Apicultura (AGA) e Abellas Nais queremos facervos chegar a iniciativa que xurdiu dende a Mancomunidade de Montes de Vigo, Mancomunidade de Montes de Baixo Miño e Comunidades de montes de Nigrán tras a vaga de lumes acontecida o mes de agosto no país.

Ditas entidades poñen a disposición dos afectados que o precisen parcelas para poder trasladar as colmeas dos apiarios afectados polos lumes onde a flora apícola actual é inexistente e, así, poder dispor de parcelas inicialmente durante un ano. Aqueles afectados polos lumes que estean interesados en esta iniciativa poden poñerse en contacto coa súa asociación para recibir polo miúdo a información para solicitar o uso das parcelas.

Agradecer por adiantado esta iniciativa solidaria que nos fan chegar as comunidades de montes de Vigo, Baixo Miño e Nigrán

Abellas Nais: abellasnais@gmail.com
Asociación Galega de Apicultura: info@apiculturagalega.gal