Programa da abella negra galega PANEGA

O Programa da abella negra galega PANEGA créase para desenvolver a mellora xenética da nosa abella tradicional por medio dun programa de conservación, cría e selección dirixido a obter colonias resilientes capaces de manteren a produtividade no marco das dificultades que actualmente enfrontan.

Membros panega

Mediante avaliacións periódicas selecciónanse raíñas con caracteres mellorantes (produción de mel, defensa contra varroa, comportamento hixiénico…) que logo se difunden entre os apicultores que colaboran e se capacitan co programa.

Preténdese ademais dispoñer de colonias locais seleccionadas capaces de competir en prestacións coas de razas foráneas e contribuír así a minimizar a perda de patrimonio xenético que supón o tráfico comercial das abellas importadas.

O PANEGA nace por iniciativa e implicación das principais asociacións apícolas galegas: Asociación Abellas Nais, Agrupación Apícola de Galicia, Asociación Casa do Mel, Asociación Galega de Apicultura e Asociación Galega MENA.

Se queres participar ou necesitas máis información non dubides en contactarnos.

T. +34 666259673

E. abellasnais@gmail.com

Técnico PANEGA de Abellas Nais: Carlos Castedo