chorro de miel

A ASOCIACION

Abellas Nais naceu a partir dun curso de apicultura impartido en Xinzo de Limia polo Sindicato Labrego Galego fai uns anos, no 2014. Foi un curso completo de catro semanas de duración, no que o que sería o noso primeiro presidente o experimentado apicultor Román Rodríguez,  foi un dos profesionais que o impartiron. A partir da análise dos problemas da apicultura en Galicia e a nivel mundial, decidimos constituír a asociación Abellas Nais que creamos en Celanova a finais de 2015.

Formar aos nosos socios para que sexan apicultores profesionais, mellorar as condicións de venda do noso mel, loitar conxuntamente contra as ameazas da apicultura, así como formarse en avances e técnicas, foron os motivos que nos levaron a un grupo de apicultores galegos a unirnos e fundar a asociación.

 A día de hoxe somos máis de 100 socios de toda Galicia, a maioría da provincia de Ourense, e contamos con algo máis de 15.000 colmeas.

abellas nais funndación

Actualmente a directiva esta formada por:

Presidenta:

Mª Paz Hernández Soto

 

Vicepresidenta:

Olimar Giraldo Martínez

 

Tesorero: 

Alberto Vidal Gándara

 

Secretario: 

Martín José Cañedo López

 

Vogales:

Floriano Reinoso Santos

Xosé A. Miranda Carrera

Mercedes Alonso Dasilva

Desde a directiva da asociacion organizamos e levamos a cabo unha serie de actividades e xestions para todos os socios:

Asesoramento técnico

Asesoramento administrativo

Asesoramento veterinario

Cursos e formación continua

 

Xestión do Plan Apícola

Seguro conxunto

Asistencia a feira e eventos  

 

Queres asociarte!

Descarga, cubre e reenvía esta folla a abellasnais@gmail.com